O D´penalti, a un paso do asceso

Marzo 17, 2009

O equipo mazaricano está moi preto do ascenso na Liga de Futbol Sala da Serra de Outes logo de vencer este venres a Devalar construcciones por 5-2. Con este resultado D´penalti afástase dos seus perseguidores e sitúase con 9 puntos, mentres que Devalar construcciones segue no grupo perseguidor con seis puntos, empatado con Electronor, os seguintes rivais de D´penalti o vindeiro sábado. De gañar, os mazaricanos aseguraríanse matematicamente o ascenso á primeira división.

O s mazaricanos atopáronse con máis problemas dos esperados fronte a un rival que comezou o partido moi ordenado atrás. Pese a iso, un gol froito dun disparo lonxano de Ventura permitiu adiantarse ao líder, a quen o partido se lle puxera máis que favorable. Pero en apenas 5 minutos e en dúas xogadas ailladas os de Devalar conseguiron da-la volta ao marcador e sementa-las dúbidas entre os mazaricanos, quen pese a pasar uns minutos de pájara conseguiron repoñerse e empatar antes do descanso.

Xa na segunda parte o líder seguiuno intentando mentres que os de Devalar confiaban a súa sorte a poder pillar despistados aos seus rivais nalgunha contra. Xa entrados nos últimos 10 minutos de partido os de D´penalti conseguiron volver a adiantarse usando as armas do rival. Así, con duas contras en apenas 3 minutos e da man de Cabrexo e Rafa conseguiron por terra de por medio nun partido que sentenciou de novo Cabrexo a falla de 2 minutos do final.

“houbo momentos nos que o pasamos mal”

O xogador do D`penalti Rafa foi un dos heroes do partido ao marca-lo terceiro gol do seu equipo, tanto que os adiantaba no marcador definitivamente no minuto 32. Pero a pesar diso o propio pivote recoñece que “houbo momentos nos que o pasamos moi mal. Pecháronse ben atrás e non nos deixaron xogar cómodos. Pero ao final tivémo-la sorte de poder pórnos por diante no marcador e xogar con máis espazos, que é o fútbol que realmente nos gusta”. En canto á posibilidade de ascenso, o capitán Casais non quere falar antes de tempo: “primeiro hai que gañar para a semana. Despois xa o celebraremos”.

Liga de Mazaricos

En canto á Liga de Mazaricos o partido máis agardado desta xornada será o que disputen Pub Inferno contra O Corviño, segundo e terceiro respectivamente e, por se fose pouco, ámbolos dous equipos comparten patrocinador. Ademais da polémica vivida na última xornadas entre estes dous equipos pola celebración de certo gol na contra do Corviño, os xogadores do Inferno sairán a vinga-la humillante derrota da primeira volta por 4-0. Polo tanto estamos diante dun derby no cal a intensidade e a tensión van se-los protagonistas.

en caso de Gaña-lo Inferno situarase provisionalmente a 3 puntos do líder Barral, quen tentará esquece-la derrota sufrida a semana pasada fronte ao Verxel fronte a un rival en teoría máis fácil como é o Bar Pibe.

manuel rodriguez santabaya

Hello world!

Marzo 12, 2009

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.