artigo 48 regulamento electoral

Artigo 48. Ponderación do voto

1. O voto para a elección de reitor ponderarase do seguinte xeito:

a) Sector I: profesorado funcionario doutor: 51 %

b) Sector II: outro persoal docente e investigador: 14 %, repartido entre os seguintes subsectores:

a. Profesorado funcionario non doutor.

b. Profesorado contratado doutor, colaborador ou axudante doutor e axudantes.

c. Outro persoal docente e investigador

c) Sector III: investigadores en formación e estudantes de terceiro ciclo e posgrao: 3 %, repartido

entre os seguintes subsectores:

a. Investigadores en formación.

b. Estudantes de terceiro ciclo e posgrao.

d) Sector IV: estudiantes de primeiro e segundo ciclos: 24 %

e) Sector V: persoal de administración e servizos: 8 %

2. A Comisión Electoral Central asignará a porcentaxe de ponderación correspondente aos

subsectores dos sectores II e III en función do número de electores do mesmo que consten no censo.

En calquera caso, o peso ponderado do subsector II c) non poderá ser superior ao 19% do total do

sector II.

3. A Comisión Electoral Central determinará tralo escrutinio de votos os coeficientes de ponderación

que corresponderá aplicar ao voto a candidaturas validamente emitido en cada sector, para que a

porcentaxe que represente sexa a establecida no apartado anterior.

4. Para a ponderación do voto nas eleccións a reitor a Comisión Electoral Central procederá do

seguinte xeito:

1) Unha vez coñecido o número de votos validamente emitidos a candidaturas no sector de

profesores funcionarios doutores (VFD) calcularase o número total de votos ponderados

(VPT), de acordo coa seguinte fórmula: VPT= VFD x 100 /51

24

2) Unha vez coñecido o número total de votos ponderados (VPT), calcularase o número de

votos ponderados que corresponde a cada sector ou subsector en función das porcentaxes

atribuídas a cada un deles, tendo en conta que o número de votos ponderados correspondente

ao sector de profesores funcionarios doutores é equivalente ao número de votos validamente

emitidos a candidaturas nese sector.

3) Coñecidos os votos ponderados que corresponden a cada un dos sectores ou subsectores,

calcularase o coeficiente que debe aplicarse aos votos realmente emitidos neles, utilizando

catro decimais. Este coeficiente será a resultante de dividir o número de votos ponderados que

corresponden a cada sector ou subsector entre o número de votos emitidos nel, e nunca poderá

ser superior a 1.

4) O número de votos ponderados totais de cada candidatura será o resultado da suma dos

votos validamente emitidos ao seu favor polos funcionarios doutores e dos votos validamente

emitidos ao seu favor polos demais sectores ou subsectores multiplicados polo seu respectivo

coeficiente de ponderación.

5) En cada sector ou subsector o número de votos redondearase á unidade mais próxima. Se o

primeiro decimal fose 5 ou inferior a 5 manterase a mesma unidade; e se o primeiro decimal

fose superior a 5 redondearase a unha unidade superior.

Unha resposta a “artigo 48 regulamento electoral”

  1. As elección para reitor na USC xa teñen data « Obamaseloso’s Blog di:

    [...] e Servizos (PAS). O voto de cada un destes sectores está ponderado tal e como se indica no artigo 48 do Regulamento electoral Xeral, polo que non conta co mesmo valor o voto dun estudante ca o dun [...]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.